Soutomaior - Cidadáns.net Soutomaior.Cidadáns.net Concello de Soutomaior EuropaPress.NET
Foro de propostas Plenos e Comisións Folla de Avisos O Noso Pobo Qué é Cidadans.net
Galego - Castellano

     

Qué é Cidadáns.net

  1. Introducción ó Proxecto
  2. Funcionamento do Proxecto
  3. Obxetivos do Proxecto
  4. Proxectos Precedentes
  5. Contacto coa Organización
Inicio

     

Introducción ó Proxecto

Cidadáns.net é un proxecto organizado por Europa Press en colaboración coa Entidade Pública Empresarial Red.es. O seu obxetivo fundamental é fomenta-la participación cidadán no ámbito municipal utilizando as novas tecnoloxías.

Así, recrea en Internet o concepto de ágora grega ou praza pública na que tanto os cidadáns coma os seus representantes políticos e civís expoñen públicamente as propostas que coidan de interese para a comunidade e sométenas á debate e deliberación do conxunto dos participantes. As propostas con maior respaldo cidadán son susceptibles de ser votadas pola concello no pleno municipal e postas en marcha coa implicación dos cidadáns e das asociacións que participaron no proceso de deliberación.

O proxecto Cidadáns.net está baseado no programa europeo eEurope2010 que defende unha Sociedade da Información para todos e na Carta Europea da Autonomía Local, proclamada en Estrasburgo en 1985, que establece o principio de participación dos cidadáns nos asuntos públicos recoñecido e fomentado polos propios gobernos locais.

voltar ó índice

     

Funcionamento do Proxecto

Europa Press pon a disposición de cada un dos concellos participantes unha plataforma de participación cidadá adaptada ás características da población e coordinará a observación académica da súa evolución e os resultados durante o proxecto.

O equipo de goberno de cada concello implicarase na dinamización do proxecto ora participando (formulando ó menos unha proposta mensual na praza pública) ora fomentando a participación (dando a coñecer o proxecto entre os veciños e asociacións e encauzando a participación nos centros de acceso a Internet xestionados polo concello). Amais, nomeará un coordinador local do proxecto, responsable de incorporar á plataforma web as asociacións interesadas en participar, as entidades públicas ou privadas que desexen colaborar na difusión do proxecto e será o encargado de dar conta periódicamente das novas do proxecto a través da "Folla de Avisos".

O seguinte diagrama amosa gráficamente o rol dos distintos actores participantes e a mecánica de funcionamento do proxecto:

Funcionamento do Proxecto
voltar ó índice

     

Obxetivos do Proxecto

Entre os obxetivos que persegue o proxecto Cidadáns.net destacan os seguintes:

3.1 En termos de innovación democrática:

  • Desenrolar novas formas de organización da cidadanía e das estructuras de goberno para que exista unha retroalimentación entre tódolos actores, co conseguinte enrequecemento e axuste na renovación das políticas públicas.
  • Establecer un abano amplo de formas de participación que permita que tódolos cidadáns que o desexen teñan oportunidades de participar na vida pública municipal.
  • Promove-lo acceso á participación o máis amplo e equitativo posible facendo un esforzo por chegar ós cidadáns e entidades menos receptivos á participación.
  • Acadar unha comunicación eficaz entre administración e cidadáns de modo que estean informados das actuacións muncipais, as autoridades coñezan as necesidades e demandas dos cidadáns, e ambos debatan sobre os problemas da ciudade e as súas solucións.
  • Perfeccionar as institucións, procedementos e normas que permitan que a cidadanía fiscalice o exercicio do goberno.
  • Contribuir a xerar unha cultura para a participación cidadán que amplíe a visión e a intervención da cidadanía e fortaleza así o seu poder no sistema democrático.
  • O desenvolvemento do capital social da cidade potenciando o tecido de entidades cidadáns e o voluntariado.
  • A promoción entre as autoridades e os funcionarios municipais dun estilo de xestión participativa.

3.2 En termos de fomento da Sociedade da Información:

  • Xerar unha comunidade virtual con intereses comúns baseados no territorio que fomente a deliberación e o debate democrático a través de Internet no ámbito municipal.
  • Proporcionar á cidadanía novas posibilidades de comunicación cos seus veciños, asociacións e autoridades municipais grazas ó uso de Internet.
  • Aportar razóns consistentes para que os segmentos de poboación alleos a Internet sintan interés polas posibilidades da Rede, e poidan conectarse de balde e co asesoramento correspondente, contribuindo a reduci-la "fenda dixital".
  • Xerar e difundir novos contados e servicios online de natureza específicamente local, contribuindo a crear un espacio electrónico máis plural e representativo da comunidade de cidadáns.
voltar ó índice

     

Proxectos Precedentes

voltar ó índice

     

Contacto coa Organización

contacto@ciudadanos2010.net
voltar ó índice

 
    © Cidadans.net - Ciudadanos2010.net   Colaboradores    Aviso Legal    Contacto   
eDemocracia Todos.es Ministerio de Industria FEDER